22 de xuño: poda e eliminación de acacia no monte de Taragoña (Rianxo)

As Brigadas deseucaliptizadoras arribamos á Comunidade do Monte Veciñal en Man Común do Fieitoso (en Taragoña, Rianxo) da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.

A intervención terá lugar o sábado 22 de xuño de 10:00 a 14:00 e traballaremos nunha parcela do monte na que a comunidade está rexenerando unha masa de frondosas autóctonas. As participantes aprenderán a realizar podas de formación e, en simultáneo, eliminaranse exemplares de acacia negra presentes na zona.

A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades e contará ademais coa participación dun grupo internacional de voluntarias procedentes da conferencia de decrecemento que organiza a próxima semana a Universidade de Vigo. Ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque con petiscos en Campo Maneiro. 

nun local próximo e, de tarde, as participantes poden quedar nalgunha das praias da parroquia como a das Cunchas ou Porrón.

Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 20 de xuño un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress