30 de xuño e 13 de xullo: eliminación de acacia e eucalipto nos monte de Baroña (Porto do Son) e Campelo, Vilar e Cerqueiras (Rianxo)

As Brigadas deseucaliptizadoras convocan dúas novas accións de eliminación de eucalipto e acacia nos montes de Baroña (Porto do Son) e Campelo, Vilar e Cerqueiras (Rianxo) da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.
BAROÑA, DOMINGO 30 DE XUÑO
Recuncamos en Baroña o 30 de xuño nunha data moi especial, na que a Comunidade presenta o seu centro de transformación de materias primas. Eliminaremos rebrotes de eucalipto por volta das instalacións do centro entre as 9:30 e as 12:30, uníndonos a continuación ao resto das actividades previstas para a xornada:
11:00 a 19:00 h Mercado de produtos locais
Coa participación de:
- Sachos a Rúa (Horta, conservas e artesanía)
- CMVMC de Baroña (Chourizos de poldro e mel)
- TresOficios (Transformación de madeira e ebanistaría)
- Mercado Darredor (Horta, conservas e zumes)
- Mercado dos Tilos (Horta, mel e doces)
12:30 a 13:00 h Presentación do proxecto
Con intervencións de:
- Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte
- Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA
- Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña
13:00 a 13:30 h Exposición do uso dun serradoiro móbil
Coordinada pola Comunidade de montes veciñais de Baroña
13:30 a 15:00 h Degustacións e mostraxe de cociña e degustación co chef José Manuel Mallón, de pratos preparados con carne de poldro galego 100% raza autóctona. Coa colaboración de PURAGA
17:00 a 18:00 h Degustación de produtos vexetais provenientes do monte e charla sobre obradoiros colectivos de transformación de alimentos. Coa colaboración de Asociación Daquí darredor
18:00 a 19:00h Foliada dinamizada por grupo pandeireteiras locais Alixeiras, Bailadela, Sete linguas, Chorimas e Sonelas, xunto á banda tradicional de música Suevia do concello de Porto do Son.
Para participar na acción de voluntariado é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 28 de xullo. Ofrecerase un pincho ñás participantes ás participantes ao acabar, e ás 13:30 haberá degustación de pratos con carne de poldro de Baroña.
CAMPELO, VILAR E CERQUEIRAS, SÁBADO 13 DE XULLO
As Brigadas estréanse na Comunidade de Montes de Campelo, Vilar e Cerqueiras, eliminando acacia o 13 de xullo na parte sur do Monte do Treito / Monte Muralla, coas vistas máis espectaculares da ría de Arousa.
A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque na Escola de Vilar. Ao acabar iremos a pé ata o Pozo Bastón, lugar cheo de lendas na que as brigadistas se poderán bañar logo da xornada de traballos.
Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 11 de xullo un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
Comments are Closed