27 de xullo, xornada de eliminación de acacia no monte de Paradela, Rianxo

As Brigadas deseucaliptizadoras convocan nova accións de eliminación de acacia no monte de Paradela, Taragoña (Rianxo) da man do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.
A actividade terá lugar na mañá do sábado 27 de xullo e centrará o seu traballo na eliminación de acacia nos mananciais da traída de augas veciñal de Paradela.
A xornada está aberta á participación de todos os públicos e dará comezo ás 10 da mañá desde Paradela, Taragoña. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org ata o xoves 25 inclusive. Ao rematar os traballos ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes.
Coordinada por Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza–, a xornada conta tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paradela.
Comments are Closed