24 de agosto: eliminación de acacia no monte da Cruz do Avelán (Dodro)
As Brigadas voltan ao Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Cruz do Avelán (Dodro), eliminando acacia negra o sábado 24 de agosto nunha valgada do rego do Pedregal, entre os lugares de Bustelo e Teaio (San Xoán de Laíño). Trátase dunha zona na que a Comunidade plantará árbores de ribeira o próximo inverno coas crianzas da escola local. Esta é a terceira intervención das Brigadas no monte da Cruz do Avelán, logo das accións no Castro de Bexo de 2018 e 2019.
A intervención vai da man do proxecto do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado ao longo do próximo ano e medio.
A xornada, que comezará ás 10:00, está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque nun bar próximo.
Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 22 de agosto un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
Comments are Closed