6 de outubro: Eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo)

Dentro das Xornadas por un Monte Vivo organizadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza a realizar o 5 e 6 de outubro en Rianxo contaremos coo actividades das Brigadas Deseucaliptizadoras o domingo 6 de outubro coa eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo). As Xornadas Monte Vivo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Inclúe faladoiros, debates e música e realizarase durante o fin de semana do 5 e 6 de outubro en Rianxo. Para vos apuntardes debedes enviar tres días antes de cada xornada email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as Xornadas por un monte vivo na primeira fin de semana de outubro

O sábado 5 e domingo 6 de outubro celebraranse as “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña e Leiro (Rianxo) cunha programación chea de actividades para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa esta fin de semana repleta de actividades abertas á participación da cidadanía, que se celebrará o sábado 5 no Campo Maneiro de Taragoña e o domingo 6 de outubro nas inmediacións do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.

As entidades socias do proxecto desenvolverán múltiples actividades nesta primeira fin de semana de outubro: sesións formativas e de divulgación, un roteiro comentado para visitar os traballos silvícolas dos montes da Plataforma, pastoreo do seu rabaño de cabras, traballos comunitarios e charlas, entre outras.

Estas xornadas convócanse unha vez superados os primeiros oito meses do proxecto ao abeiro da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), como mostra a pequena escala dos avances do proxecto neste período. Tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal, o Laboratorio recibiu case 2 millóns de euros de fondos europeos para intervir nos montes de Rianxo cos obxectivos de xerar emprego e oportunidades económicas, conservar a biodiversidade e previr incendios forestais.

Sábado 5 de outubro Demostración, formación, divulgación, pastoreo e roteiro comunitario

A partir das 10.30 h no Campo Maneiro de Taragoña, Rianxo Consulta a axenda detallada e o cartel da xornada

10.30 h – Almorzo e presentacións 11.00 h – Visita guiada ao espazo demostrativo do Fieitoso

12.15 h – Sesión formativa para o resinado de piñeiros

13.00 h – Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil

14.00 h – Xantar comunitario 16.00 h – Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos

16.30 h – Roteiro comentado ata o Castro Barbudo

19.00 h – Magosto

Domingo 6 de outubro Traballo comunitario, charlas-debate e festividade

A partir das 9.30 h nas inmediacións do Centro cultural Vicente Vidal de Leiro, Rianxo Consulta a axenda detallada e o cartel da xornada

09.30 h – Traballos comunitarios (require inscrición)

09.30 h – Pintura mural e outras actividades dirixidas a nenas e nenos

12.30 h – Visita á plantación experimental de castiñeiros de Leiro

13.30 h – Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil

14.30 h – Xantar comunitaria (require inscrición)

16.10 h – Presentacións

16.30 h – Charlas-debate: Os potenciais da xestión comunitaria dos montes

18.00 h –  Festividad

 

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress