2 e 9 de novembro: novas xornadas de deseucaliptización en Leiro e Froxán

Apúntate ata o día 31 de outubro e 7 de novembro respectivamente
Sábado 2 de novembro: retomamos as Xornadas por un monte vivo en Leiro
Logo da cancelación desta xornada polo temporal, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza recupera a programación da segunda Xornada por un monte vivo que terá lugar en Leiro (Rianxo), continuando o traballo de eliminación de rebentos de eucalipto que as Brigadas xa iniciaron nunha convocatoria anterior.
A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades. Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 31 de outubro un email a info@barbanzaecosocial.org (Ollo! Email distinto da seguinte convocatoria!)
Este é o programa da xornada:
– 9:30 Traballos comunitarios en Leiro
Punto de encontro no estacionamento do cemiterio de Leiro
– 9:30 Pintura mural no refuxio para cabras (en paralelo aos traballos comunitarios)
Na esplanada detrás da Casa reitoral de Leiro
– 12:30 Visita á plantación experimental de castiñeiros do CIF de Lourizán en Leiro
Coa intervención de: Ánxela Miguéns, presidenta da CMVMC Leiro; Beatriz Míguez Soto, técnica do CIF de Lourizán
– 13:30 Taller de transformación de madeira con aserradoiro portátil A cargo de la CMVMC Baroña
– 14:00 Demostración de pastoreo comunitario
– 14:30 Albaorque No Centro cultural Vicente Vidal
– 16:10 Presentación das recomendacións para o control de especies invasoras, elaborado pola CMVMC de Leiro
– 16:15 Presentación do libro do Laboratorio “Cando éramos sostibles”. Coa intervención de David Fontán, investigador do grupo HISTAGRA
– 16:30 Charlas e debate
Fina Fernández López, xenetista
Hai un futuro para o castiñeiro de madeira na Galiza Atlántica?
Xosé Carlos Castro García, axente facultativo ambiental da zona norte de Rianxo.
Retos para unha ordenación sostible do monte no Barbanza
Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso
Modelo de xestión do monte comunal
Lucía R. Cao, Técnica da Fundación Montescola
Mobilidade comunitaria e comunidades enerxéticas
– 18:00 Peche das xornadas e fiesta e música a cargo de agrupacións locales
Sábado 9 de novembro: Deseucaliptización e ecovisita en Froxán (Lousame)
O sábado 9 de novembro terá lugar unha xornada especial en Froxán, na que adicaremos a primeira parte da mañá a visitar os avanzos de 7 anos de voluntariado ambiental coas Brigadas neste territorio a través dunha ecovisita que comezará no punto onde se lanzaron as Brigadas en abril de 2018.
A seguir continuaremos cos traballos de eliminación de rebentos de eucaliptos nunha zona de 5 hectáreas nas que plantaremos árbores e arbustos nativos o próximo inverno. Tamén aplicaremos as técnicas de permacultura para trazar liñas de infiltración de augua (“swale”) que serán executadas de xeito paralelo á plantación.
Ao finalizar teremos o tradicional xantar de albaroque.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 7). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
Comments are Closed