8 de febreiro: as Brigadas voltan ao Barbanza con intervencións en Baroña (Porto do Son)

Febreiro chega cargado de intervencións para recuperar os ecosistemas no Barbanza, da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O sábado 8 de febreiro, continuaremos os traballos no Monte Veciñal en Man Común de Baroña (Porto do Son), desta vez plantando árbores frondosas que continúen consolidando os cortalumes verdes da Comunidade. A xornada, tamén de 10:00 a 14:00, rematará cun albaroque con produtos locais. O prazo para se apuntar é o xoves 6 de febreiro.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Comments are Closed

© 2026: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress