16 de febreiro: Voluntariado en familia para plantar frondosas en Froxán (Lousame)

Actividades guiada polas bruxas e trasnas do monte Xiroña con grande chocolatada final

O domingo 16 de febreiro a Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente, acollerá unha xornada de voluntariado en familia organizada pola Fundación Montescola,  coa colaboración das Brigadas Deseucaliptizadoras, aberta a todas as idades máis con actividades pensadas especialmente para as máis cativas, da man das trasnas e bruxa do Monte Xiroña, e que finalizarán cun toque de maxía.

As crianzas e familia terán a oportunidade de plantaren unha árbore frondosa nativa (ou varias!) nas zonas onde a Comunidade ven eliminando especies exóticas invasoras. As actividades comezarán (con puntualidade absoluta) ás 10:00 e finalizarán ás 13:00 logo dunha chocolatada, que corre por conta das trasnas e bruxas no marco do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org ata o xoves 13, indicando cantas adultas e cantas crianzas virán. Isto é especialmente importante para garantir que teñamos árbores (e chocolate!) para todas as crianzas. Avisade se calquera crianza ten restriccións alimentarias.

VÉMONOS NO MONTE !!!

 

Comments are Closed

© 2026: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress