Marzo comeza desacaciando Vilacova

As Brigadas voltan a á carga o sábado 1 de marzo na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de acacia negra nunha zona que ardeu nos últimos anos. De tarde, descubriremos a avifauna do lugar utilizando unha aplicación de ciencia cidadá. O punto e hora de encontro será ás 09:30 da mañá na antiga escola unitaria de Vilacova. Desde alí seguiremos até a zona de intervención. É importante estardes puntualmente á hora marcada, pois do contrario será difícil orientarvos para chegar ao punto de traballos. Precisaranse navallas, coitelos e machadas. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a brigadasvilacoba@gmail.com até COMO MOI TARDE o xoves día 27 de maio ao mediodía. Lembrade que desde a conta de correo desde a que se envían as convocatorias non se xestionarán incricións. Na parte da tarde faremos unha xornada de ciencia cidadá centrada na identificación da avifauna do lugar, encadrada no proxecto Erasmus+ “De monte a monte” no que colaboramos Montescola, Veredas da Estrela e Verdegaia. As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avisa tamén en caso de restricións alimentarias.
VÉMONOS NO MONTE!


Comments are Closed