Recuperar o monte: documentario sobre as Brigadas Deseucaliptizadoras realizado por Rafael Xaneiro

  Documentario de Rafael Xaneiro, producido por Verdegaia coa colaboración da Fundación Montescola e o apoio da Deputación da Coruña. Presenta as “Brigadas Deseucaliptizadoras”, iniciativa de voluntariado ambiental para eliminación de especies exóticas invasoras que iniciou o seu traballo en Froxán (Lousame) en abril de 2018. As Brigadas foron recoñecidas con numerosos premios e a inciativa é exemplo de loita contra o lume e a expansión de especies exóticas invasoras como o eucalipto e acacia e divulgada a través de artigos científicos e medios de comunicación. O proxecto internacionalizouse coa participación en proxectos Erasmus+ financiados pola UE en colaboración con entidades portuguesas:

  • Vemo-nos no Monte 2021-2023 (coa Fundación Montescola e a Asociación À Escuta)
  • De Monte a Monte 2024-2026 (coa Fundación Montescola e a Asociación Veredas da Estrela)

Na actualidade conta cunha base de datos de 1500 brigadistas voluntarios que dan o seu apoio a iniciativas en terrenos nos que se queren eliminar estas especies.

Podes inscribirte para participar nas Brigas en: https://verdegaia.org/brigadas/como-participar

E colaborar economicamente con 1€/mes en https://www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizad

Comments are Closed

© 2025: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress