30 de agosto: última deseucaliptización do verán en Froxán (Lousame)

Logo dos traballos, baño e alboroque! As actividades encádranse no proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Logo de varios meses de actividade intensa, a Fundación Montescola organiza en Froxán o seu último voluntariado de deseucaliptización o sábado 30 de agosto. Nesta convocatoria as Brigadas abren unha nova fronte, eliminando eucalipto nunha parcela que ardeu no lume de 2006 e que ficou intacta até o de agora, tendo unha alta densidade de frondosas que axudaremos a consolidar.

A roga terá lugar de 09:30 a 14:00, rematando cun baño refrescante e o tradicional albaroque.

O prazo para se apuntar é o xoves 28 de agosto. Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org

VÉMONOS NO MONTE !!!

 

Comments are Closed

© 2026: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress