Froxán: Brigada en Familia o 1 de marzo
O domingo 1 de marzo Froxán volta a acoller unha xornada de voluntariado en familia aberta a todas as idades máis con actividades pensadas especialmente para as máis cativas, da man das trasnas do Monte e que finalizarán cun toque de maxía.
As crianzas e familias poderán plantar unha árbore frondosa nativa (ou varias!) nas zonas onde a Comunidade ven eliminando eucalipto.
A actividade comezará ás 10:15 e finalizará ás 13:00 logo dunha chocolatada. Actividade gratuíta sendo precisa inscrición, até o dia 27 de febreiro, neste formulario
https://i.gal/marzal
VÉMONOS NO MONTE !!!


Comments are Closed