28 marzo 🌳 Brigadas simultáneas: Froxán (Lousame) e Montes do Chá (Ferrol)
Froxán (Lousame)
> POR PROBLEMAS TÉCNICOS, SE XA TE APUNTACHES NA ROGA DE FROXÁN USANDO O FORMULARIO QUE ENVIAMOS ANTERIORMENTE, POR FAVOR, ENVÍANOS UN EMAIL CONFIRMANDO!!
O sábado 28 de marzo volvemos á comunidade de Froxán (Lousame), combinando acción directa a través do voluntariado para a rexeneración do bosque nativo en zonas ocupadas por especies invasoras (plantaremos castiñeiros e outras frondosas e eliminaremos eucaliptos) cunha reflexión crítica sobre o que significa unha ecoloxía reparativa e un xeito distinto de nos posicionarmos no territorio: a forestanía. Para iso, contamos coa TBA21–Academy Organismo 2026, que en colaboración co Museo Nacional Thyssen-Bornemisza desenvolve o proxecto “Forestania – Reparation Ecologies in Post-extractive Landscapes”.
Podes inscribirte ata o xoves día 26 enviando un email a info@montescola.org
Despois dos traballos celebraremos o tradicional xantar de alboroque.
Montes do Chá (Ferrol)
Volven as brigadas deseucaliptizadoras ós Montes do Chá os días 28 de marzo e 18 de abril. As actuacións consistirán na eliminación de brotes de helichysum petiolare na contorna do miradoiro do Golfo Ártabro en Campo Redondo e na eliminación de eucaliptos de semente e algún rebrote de tocón na contorna do piñeiral da batalla de Brión.
Para ambas especies a técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar. Se alguén prefire usar sacho pode traelo ou usar os que a organización poñerá á disposición d@s voluntari@s.
O punta de encontro será ás 9:30 h diante do centro Terapéutico de Asfedro No Confurco de Doniños (¡Ollo, non o de Caranza!). Alí deixaremos os coches e subiremos a pé 800 m ata a zona de actuación: https://maps.app.goo.gl/
Para apuntarse é imprescindible mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.
Tras a actuación, sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.
VÉMONOS NO MONTE !!!

Comments are Closed