25 de abril: deseucaliptizamos Rois
Logo dos traballos, alboroque! Apúntante até o xoves 23 de abril para vir a Rois
En abril voltamos ao Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cuvela e Rois (no concello de Rois), onde xa fixemos dúas intervencións previas machacando rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira.
A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do río Rois. Ao acabar, celebraremos a tradicional comida de albaroque no Centro Social de S. Mamede de Roi Apúntate até o xoves 23 de abril enviando un email a info@montescola.org

Comments are Closed