23 de maio: desacaciación en Cespón (Boiro) e proxección de “Los sueños que compartimos”
As Brigadas inaugúranse este mes no Monte Veciñal en Man Común de Deira-Pedroso, pertencente á veciñanza da parroquia de Cespón (Boiro). Nesta acción eliminaremos mimosa e acacia negra na contorna do CEIP de Cespón. A xornada encádrase na Semana Ibérica sobre especies invasoras e os traballos comezarán ás 10:00.
Logo do xantar de alboroque, ás 17:00, realizarase no Centro Social de Cespón unha proxección do documentario “Los sueños que compartimos“, da directora mexicana Valentina Leduc, que nos acompañará nesta ocasión tan especial. O filme inclúe a participación de moita de vós e presenta as Brigadas en paralelo a outras loitas en Europa e América Latina.
Apúntate até o mércores 20 de maio enviando un email a info@montescola.org
Vémonos no Monte!!!


Comments are Closed