Comezamos 2022 deseucaliptizando o Xurés

As Brigadas Deseucaliptizadoras, convocadas pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo, comezaremos as actividades de 2022 abrindo un novo frente en Lobios, no Xurés. Será o sábado 15 de xaneiro.

Actuaremos sobre dúas parcelas próximas de 2 e 3 hectares respectivamente, retirando eucaliptos de rebrote e descascando tocóns, para posteriormente reforestar con frondosas nativas.

Quedamos ás 10 no aparcameto do balneario de Lobios, en Riocaldo https://g.page/lobios-caldaria-hotel-balneario?share  (ver no Google Maps como chegar), onde nos repartiremos para chegar aos lugares de actuación. A roga rematará por volta das 14:30 para repoñermos forzas no albaroque.

Despois do albaroque remataremos a tarde cunha visita aos xacementos romanos Aquis Ogeresibus e Mutatio das Mouruás, guiadas polo arqueólogo director das excavacións, David Pérez.

Para participar é imprescindíbel,alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a laura.varelarz@gmail.com até o 12 de xaneiro a máis tardar. E avisádenos á hora de vos apuntar en caso de restriccións alimentarias!

Tamén se está vendo a posibilidade de alugar un aloxamento compartido para as brigadistas que queiran vir o día antes (venres) e quedar ata o domingo, para aproveitar para coñecer mellor a zona. Nese caso, avisa ata o día 22 de decembro para indicar a túa vontade de vir e así organizar as reservas.

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress