En defensa de Froxán: alegacións eólicas ata o 7 de xaneiro

Boa parte das persoas que participates nas Brigadas Deseucaliptizadoras contribuístes ao enorme esforzo de conservación e restauración ambiental da Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame, recoñecida como Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA) de Froxán incluída na Base de Datos Mundial de Área Protexidas do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.
En Froxán hai desde o ano 2000 tres aeroxeradores do Parque Eólico do Treito (de 55 metros de altura e 0,6 MW de potencia), instalados como tantos outros, nun proceso asimétrico. Agora, e ata o 7 de xaneiro, encóntrase en trámite de información pública un novo proxecto eólico, promovido por Villar Mir, para instalar 5 mega-aeroxeradores de 4,6 MW que se elevarán ata os 178 metros de altura e que implicarán a apertura de pistas pola Área Conservada de Froxán.
O parque está sendo tramitado ilegalmente, pois non conta con permiso de acceso á rede, e supón importantes afectacións ás traídas de auga veciñais e á biodiversidade. Por iso, desde a Comunidade de Froxán piden ás brigadistas con vínculo a esta Área, que presenten ata o 7 de xaneiro alegacións a título individual contra este proxecto eólico:
- Alegacións_PE_Vilacoba en Word (para incluir datos persoais na primeira páxina)
- Alegacións_PE_Vilacoba en PDF (para imprimir e incluir datos persoais á man)
Aquelas persoas con certificado dixital poden presentar directamente as alegación mediante a Sede Electrónica da Xunta, utilizando o modelo de Solicitude Xenérica (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica). En “Asunto” colocar o que aparece nas alegacións; en “Expón” colocar os tres puntos da primeira páxina entre “Expón” e “Alegacións”; e en “Solicita” os 3 parágrafos numerados que aparecen na última páxina das alegacións. Anexar o documento de alegacións en PDF cubrindo os vosos datos persoais na primeira páxina. Abaixo de todo, en “Destinatario”, escoller “Vicepresidencia 2ª” e “Xefatura Territorial … da Coruña”.
As alegacións tamén se poden imprimir e presentar en papel en calquera rexistro da administración (incluíndo concellos), cubrindo os datos da primeira páxina e asinando a última.
Agradécese o voso apoio e solidariedade nesta hora!
Vémonos no monte!
Comments are Closed