Convocatorias

now browsing by category

 

6 de xuño: acción na Semana de Acción pola Natureza en Froxán (Lousame)

Apúntante até o xoves 4 e únete á Semana de Acción pola Natureza

As Brigadas únense á Semana de Acción pola Natureza que pomove iniciativas de restauración de proximidade para sensibilizar sobre a importancia de recuperar os nosos ecosistemas. Farémolo con 2 accións simultáneas no Monte do Chá (Ferrol) e no Monte de Froxán (Lousame).

As Brigadas abren unha nova frente de restauración no monte veciñal de Froxán, comezando a eliminación de eucalipto por volta do rego da Abelleira, que nace na turbeira de Campo de Lamas. Trátase dunha zona na que queremos plantar frondosas autóctonas a partir de decembro deste ano. Esta parte do monte ardeu no lume de 2006.

A roga comezará ás 10:00 e estará seguida do tradicional xantar de albaroque que celebraremos ao aire libre perto da zona dos traballos. Logo do alboroque, teremos o privilexio de contar co grupo de música Barahúnda que nos agasallará cun concerto baixo a sombra dos carballos, presentando o seu libro-disco “Fremosas”.

O prazo para se apuntar é o xoves 4 de xuño. Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org

VÉMONOS NO MONTE !!!

 

6 de xuño: acción na Semana de Acción pola Natureza no Monte do Chá (Ferrol)

Apúntante até o xoves 4 e únete á Semana de Acción pola Natureza

As Brigadas únense á Semana de Acción pola Natureza que pomove iniciativas de restauración de proximidade para sensibilizar sobre a importancia de recuperar os nosos ecosistemas. Farémolo con 2 accións simultáneas no Monte do Chá (Ferrol) e no Monte de Froxán (Lousame).

Volven as brigadas ó Monte do Chá  esta vez para erradicación de invasoras e recuperación do patrimonio Campo dos Lobos é unha campeira que temporalmente usan os nosos cabalos, está rodeada dun valado de pedra seca de 700 m que a comunidade ten intención de recuperar nun curso de cantería en outubro, pero previamente hai que liberalo dos toxos que aínda o cubren en parte.

As ferramentas útiles serán fouzos, motoserra e desbrozadora, quen non teña pode colaborar retirando os toxos cortados, de paso arrincaremos os Helichrysum petiolare que poidamos atopar na zona. Imprescindible que cada participante traía luvas resistentes, preferentemente de coiro.

Trátase dun traballo sinxelo nun terreo de pouca pendente e desbrozado polo que a xornada é perfectamente apta para crianzas e persoas maiores.

O punto de encontro será ás 9:30 h no cruce do Viso. Alí deixaremos os coches e subiremos a pé 500 m ata a zona de actuación: https://maps.app.goo.gl/VfcBrKMzaSYfPk97A

Para apuntarse é imprescindible mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com indicando o día para o que te apuntas, como moi tarde o xoves 4 de xuño.

Tras a actuación, sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

VÉMONOS NO MONTE !!!

 

23 de maio: desacaciación en Cespón (Boiro) e proxección de “Los sueños que compartimos”

As Brigadas inaugúranse este mes no Monte Veciñal en Man Común de Deira-Pedroso, pertencente á veciñanza da parroquia de Cespón (Boiro). Nesta acción eliminaremos mimosa e acacia negra na contorna do CEIP de Cespón. A xornada encádrase na Semana Ibérica sobre especies invasoras e os traballos comezarán ás 10:00.

Logo do xantar de alboroque, ás 17:00, realizarase no Centro Social de Cespón unha proxección do documentario “Los sueños que compartimos“, da directora mexicana Valentina Leduc, que nos acompañará nesta ocasión tan especial. O filme inclúe a participación de moita de vós e presenta as Brigadas en paralelo a outras loitas en Europa e América Latina.

Apúntate até o mércores 20 de maio enviando un email a info@montescola.org

Vémonos no Monte!!!

 

2 de Maio: a desacaciación continúa en Lentille (O Ribeiro)

Asociación Veciñal de Lentille convoca as Brigadas mais outra vez para insistirmos no combate constante contra o frente de mimosa que asedia a aldea e inza a comarca. Desta volta traballaremos na estrema dos Cabos e na ladeira das Aradas onde o esforzo brigadista tanto avance ven asentando.

O punto de encontro será o habitual no Souto e desde alí repartirémonos en grupos e endereitaremos cara as áreas de traballo. Teredes que estar alí ás 9:30 puntualmente. Disporemos auga fresca e uns petiscos a media mañán con café e froita. Remataremos contra as 14:00 pra xantarmos. O albaroque acontecerá na terraza do Cabildo se o clima concorda, e se non habilitaremos o garaxe.

Para vos apuntardes é imprescindible (alén de estardes inscritos como brigadistas) remitir un email para avlentille@gmail.com até o 29 de Abril a máis tardar, comprometendo asistencia.

As prazas son limitadas. Non demoredes en vos apuntar.

VÉMONOS NO MONTE !!!

25 de abril: deseucaliptizamos Rois

Logo dos traballos, alboroque! Apúntante até o xoves 23 de abril para vir a Rois

En abril voltamos ao Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cuvela e Rois (no concello de Rois), onde xa fixemos dúas intervencións previas machacando rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira.

A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do río Rois. Ao acabar, celebraremos a tradicional comida de albaroque no Centro Social de S. Mamede de Roi  Apúntate até o xoves 23 de abril enviando un email a info@montescola.org

VÉMONOS NO MONTE !!!

18 de abril: 2ª roga no Monte Santo André, Corcubión

Na parte da tarde, presentación de “UN MONTE TODOS OS MONTES!

Precisamos da vosa axuda e colaboración.

A Asociación Boca de Sapo mantén un acordo de «custodia do territorio» sobre estes terreos propiedade do Concello de Corcubión para promover a súa restauración ecolóxica, actuando sobre o Monte Cambeiro – Amarelle e o Monte de Santo André.

Dentro do marco deste acordo e en colaboración coa Concellería de urbanismo, Medioambiente e Sustentabilidade do Concello de Corcubión a  Asociación Boca de Sapo Comunidade ecosocial e cultural, anunciamos unha convocatoria de voluntariado ambiental para participar o vindeiro sábado 18 de abril nos labores de deseucaliptización do Monte Santo André de Corcubión unha parcela de 16 hectáreas recentemente intervida para a eliminación de eucaliptos.

Fai pouco realizouse unha tala de eucaliptos no Monte Santo André, e agora precisamos impedir os rebrotes

As persoas interesadas en participar neste fermoso acto de colectividade podedes enviar un correo electrónico a: bocadesapo.corcubion@gmail.com antes do 14 de abril indicando nome e apelidos e teléfono.

Programa da xornada:

  • 9:30 h – Punto de encontro e benvida na parte alta do Monte Santo André (Na zona coñecida coma o “Repetidor” . Coordenadas: 42.954413, -9.202384. Preparación das ferramentas
  • 14:00 h – Recollida e peche da xornada.
  • 14:30 h – Xantar de albaroque.
  • 17:00h – Peche de xornada coa presentación da publica-acción UN MONTE  TODOS OS MONTES

Unha “publica-acción” para repensar o monte galego desde a cultura, a gobernanza e a memoria comunitaria. Será no Círculo de Comunidade no Monte Cambeiro. Corcubión.

Esta públicación é un proxecto da cooperativa Azul mais Verde co apoio e financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso

Acompañádenos a construirmos entre todas e todos un monte de futuro máis autóctono, máis verde e máis noso.

Un saúdo ecosocial rexenerativo e cultural!

VÉMONOS NO MONTE!

28 marzo 🌳 Brigadas simultáneas: Froxán (Lousame) e Montes do Chá (Ferrol)

Froxán (Lousame)

> POR PROBLEMAS TÉCNICOS, SE XA TE APUNTACHES NA ROGA DE FROXÁN USANDO O FORMULARIO QUE ENVIAMOS ANTERIORMENTE, POR FAVOR, ENVÍANOS UN EMAIL CONFIRMANDO!!

O sábado 28 de marzo volvemos á comunidade de Froxán (Lousame), combinando acción directa a través do voluntariado para a rexeneración do bosque nativo en zonas ocupadas por especies invasoras (plantaremos castiñeiros e outras frondosas e eliminaremos eucaliptos) cunha reflexión crítica sobre o que significa unha ecoloxía reparativa e un xeito distinto de nos posicionarmos no territorio: a forestanía. Para iso, contamos coa TBA21–Academy Organismo 2026, que en colaboración co Museo Nacional Thyssen-Bornemisza desenvolve o proxecto “Forestania – Reparation Ecologies in Post-extractive Landscapes”.

Podes inscribirte ata o xoves día 26 enviando un email a info@montescola.org

Despois dos traballos celebraremos o tradicional xantar de alboroque.

Montes do Chá (Ferrol)

Volven as brigadas deseucaliptizadoras ós Montes do Chá os días 28 de marzo e 18 de abril. As actuacións consistirán na eliminación de brotes de helichysum petiolare na contorna do miradoiro do Golfo Ártabro en Campo Redondo e na eliminación de eucaliptos de semente e algún rebrote de tocón na contorna do piñeiral da batalla de Brión.

Para ambas especies a técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar. Se alguén prefire usar sacho pode traelo ou usar os que a organización poñerá á disposición d@s voluntari@s.

O punta de encontro será ás 9:30 h diante do centro Terapéutico de Asfedro No Confurco de Doniños (¡Ollo, non o de Caranza!). Alí deixaremos os coches e subiremos a pé 800 m ata a zona de actuación: https://maps.app.goo.gl/9vqWPpT8QhXZMMN36?g_st=aw

Para apuntarse é imprescindible mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com indicando o día para o que te apuntas, como moi tarde o venres 27 de marzo e venres 17 de abril respectivamente.

Tras a actuación, sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Florestania: rexeneración do bosque en Froxán o sábado 28 de marzo

Florestania: cultura e praxe da ecologia reparativa

Nesta jornada voltamos à comunidade de Froxán (Lousame) juntando ação direta através do voluntariado para a regeneração do bosque nativo em zonas ocupadas por espécies invasoras (plantaremos castanheiros e outras folhosas e eliminaremos eucaliptos) com reflexão crítica sobre o que significa uma ecologia reparativa e um jeito distinto de nos posicionar no território: a florestania.

Para isso, contamos com a TBA21–Academy Organismo 2026, que em colaboração com o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, desenvolve o projeto “Florestania – Reparation Ecologies in Post-extractive Landscapes”.

O projeto está inserido no projeto Erasmus+, De Monte a Monte: territorios resilientes, que partilhamos coa Fundação Montescola e Veredas da Estrela.

Podes inscrever-te até a quinta-feita dia 26 preenchendo este formulário: https://brigadas.belcoda.com/events/florestania-cultura-e-praxe-da-ecologia-reparativa

VÉMONOS NO MONTE !!!

A deseucaliptización continúa en Rois o sábado 21 de marzo

En marzo voltamos ao Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cuvela e Rois (no concello de Rois), onde xa estivemos en febreiro deste ano e en maio de 2025 machacando rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira. A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do río Rois. Ao acabar, albaroque no Centro Social de S. Mamede de Roi.

Apúntate até o xoves 19 neste formulario: https://brigadas.belcoda.com/events/21-de-marzo-deseucaliptizamos-rois 

VÉMONOS NO MONTE !!!

7 de marzo: plantación de carballos en Leiro (Rianxo)

A atividade busca crear faixas verdes para a prevención de incendios

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a colaborar coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro (en Rianxo) cunha nova acción para plantar carballos e crear faixas verdes de frondosas e axudar a crear unha paisaxe máis resiliente aos incendios.

Sairemos para a zona de traballos ás 10:00 desde o punto de encontro: o Centro Cultural Vicente Vidal: https://maps.app.goo.gl/AJ9deZCpHiFZmmsw6

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o venres 6 de marzo enviando un email a: comunidademontesleiro@gmail.com

(Non se atenden inscricións por outras vías)

Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

Ao acabar, celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo.

Lembramos:

  • Traer calzado e roupa apropiados para andar polo monte en inverno
  • Traer ferramenta se tes: sachos, tesouras de podar, fouces, machadas. Ademais de plantar, realizaranse traballos de poda e eliminación de rebrotes.
  • Traer luvas de protección para o manexo da ferramenta e tamén unha garrafa de auga.

VÉMONOS NO MONTE !!!

© 2026: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress