Cangas
now browsing by tag
Brigada o 12 de Marzo na Escola pública de Espiñeira en Aldán (Cangas)
Brigada o 12 de Marzo na Escola pública de Espiñeira en Aldán (Cangas)
Esta fin de semana as Brigadas de Verdegaia actuamos na contorna natural da Escola pública de Espiñeira en Aldán (Cangas). Dende fai máis de un ano colaboramos coa ANPA nun proxecto de restauración ambiental que pretende devolver o valor ecolóxico a un espazo desta escola para que o alumnado poda gozar dun entorno máis natural.
Nesta ocasión actuamos sobre a Acacia negra (Acacia melanoxylon), descascando algúns
exemplares e cortando outros que xa estaban secos despois de os termos descascado en
intervencións anteriores. Ademais, como o grupo de participantes foi numeroso, decidimos empezar a actuar sobre a Herba da fortuna (Tradascantia fluminensis) que ten vindo a invadir unha superficie significativa e que vai nos vai esixir adicarlle diversas xornadas de arranque manual.
Lembra que se coñeces unha zona de especial valor ecolóxico que estea invadida por especies invasoras e che gustaría devolvela ao seu estado natural podes contactar connosco para levar o proxecto para adiante!