Entidades colaboradoras

As Brigadas deseucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia, financiada polas cuotas das socias e por doazóns. O proxecto lanzouse en abril de 2018 co apoio de LUSH Charity Pot e grazas ás achegas e tempo das socias e voluntarias. Para dar continuidade ao proxecto, pensa na posibilidade de asociarte a Verdegaia ou realizar unha doazón puntual ou recorrente destinada a sustentar as Brigadas.

Fai unha doazón de 1 euro mensual

Para garantir a sustentabilidade a longo prazo das Brigadas agradecemos que te impliques contribuindo cunha doazón de 1 euro ao mes a través da plataforma Teaming. As túas doazóns axudarán a sufragar os gastos de seguros (responsabilidade civil e accidentes), adquirir árbores e ferramentas para as intervencións, dotar ás brigadas de equipos de seguranza e protección (roupa anticorte para motoserristas, luvas, …) e sufragar os albaroques cos que se premia o esforzo das brigadistas. A plataforma Teaming non aplica ningunha comisión, de modo que o 100% das doazóns van directamente para as brigadas e, ademáis, implican unha deducción fiscal de ata 50% no IRPF para residentes no Estado español (i.e, a túa doazón de 12 euros anuais desgravará 6 euros na declaración do IRPF) e de 66% para residentes no Estado francés.

Entidades colaboradoras locais

Calquera colectivo pode implicarse na organización dunha brigada comarcal ou en accións sobre parcelas concretas no ámbito local: comunidades de montes veciñais en man común, asociacións veciñais e culturais, centros escolares, grupos de sendeirismo, equipos deportivos, grupos ecoloxistas, etc. A continuación recoñecemos aquelas entidades e organizacións que teñen colaborado co proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras. Contacta conosco escribindo a brigadas@verdegaia.org para implicarte!

  • A Sabia, moeda social galega
  • Á escuta
  • Agrupamento de Baldios da Serra do Gerês
  • Asociación Bétula
  • Asociación de Veciños de S. Xoán de Laíño
  • Asociación Veciñal de Lentille
  • Asociacións de veciñ@s de Brión, San Felipe-San Cristobal e A Graña (Ferrol)
  • Asociación Ridimoas
  • Associação de Compartes da Freguesia do Campo do Gerês
  • Câmara Municipal de Seia
  • Câmara Municipal de Gouveia
  • Câmara Municipal de Terras de Bouro
  • Centro de Ecologia Funcional – Universidade de Coimbra
  • Centro de Interpretação da Serra da Estrela – Seia
  • CERVAS – Centro de Ecologia, Recuperação e Vigilância de Animais Selvagens
  • CMVMC de Amoedo
  • CMVMC de Coruxo
  • CMVMC de Darbo
  • CMVMC de Froxán
  • CMVMC de Grixoa de Esternande
  • CMVMC de Meira (Moaña)
  • CMVMC de Padróns
  • CMVMC de Rebordelo
  • CMVMC de San Martiño de Vilaboa
  • CMVMC de San Lois
  • CMVMC da Serra do Xurés-Riocaldo
  • CMVMC de Vila Cova
  • Comunidade de Montes do Chá
  • Concello de Dodro
  • Concello de Moaña
  • Fundação Montescola
  • Fundación CEER
  • Junta de Freguesia de Campo do Gerês
  • Liga dos Amigos das Frádigas
  • Marea Cidadá de Noia
  • Movimento Estrela Viva
  • Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
  • União das Freguesias de Vide e Cabeça
  • União das Freguesias de Figueiró da Serra e Freixo da Serra
  • Unidade Veciñal de Dodro
  • Veredas da Estrela

Colaboración financeira

 

En 2024 o proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras contou coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2024 (DP0031/2024).

 

En 2023 o proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras contou coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2023 (DP0031/2023).

 

En 2022 o proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras contou coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2022 (DP0031/2022).

 

En 2021 o proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras contou coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2021 (DP0031/2021).

 

En 2020 o proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras contou coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2020 (DP0031/2020).

 

En 2019 o proxecto das Brigadas deseucaliptizadoras contou coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2019 (DP0031/2019) e do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2019 (DP0036/2019).

Patrocinios e mecenados en especie

As Brigadas deseucaliptizadoras encoraxan patrocinios e mecenados en especie de cooperativas, empresas, traballadoras autónomas e outras entidades aliñadas cos obxectivos do proxecto. Os mecenados en especie poden incluír, a título exemplificativo, maquinaria e ferramenta para a realización de traballos, árbores autóctonas de viveiro, comida e bebida para os albaroques, primas de seguros, servizos profesionais decomunicación e divulgación, etc. O mecenado en especie implica deducción dentre o 35% ao 40% no Imposto de Sociedades. As entidades patrocinadoras e mecenas serán recoñecidas publicamente, se así o desexan, nesta web, nas convocatorias enviadas ás brigadistas, nas intervencións e notas de prensa.

 

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress