Plantación de árbores autóctonas nos Montes do Chá, Ferrol o 5 e 12 de febreiro

O Monte do Chá é un monte veciñal das parroquias de Brión e Doniños, tras décadas de loita por recuperar a titularidade e xestión veciñal do monte, no ano 2021 conseguiuse a xestión a través da Asociación comuneiros do Chá, que está a desenvolver diferentes proxectos de recuperación dos valores medioambientais, arqueolóxicos e silvopastorais.
Nesta acción repoboaremos aproximadamente dúas hectareas de terreo con frondosas autóctonas (carballos, freixos, castiñeiros, bidueiros, pradairos, amieiros, e tamén algunhas sobreiras e piñeiros do país). O terreo é chao e foi previamente desbrozado polo que o traballo é asequible para todo tipo de voluntariado incluíndo crianzas. Debido á extensión a repoboar estimamos que serán necesarias dúas xornadas.
O punto de encontro será diante da AAVV Castelao de Brión ás 9:00 h da mañá
https://www.google.com/maps/@43.4830336,-8.2685272,18z
Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com antes do 3 de febreiro (ou o 10 se ves só á 2ª xornada) indicando o día que participas para facilitar a coordinación e o xantar.
As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e luvas de traballo, a ferramenta a usar será o sacho, agradécese a quen poida que traia o propio aínda que a organización disporá dalgúns para quen non teña.
Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso e por motivos covid cada persoa deberá traer o seu propio vaso, prato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.
Despois do xantar se hai ganas poderase participar nun roteiro polas mámoas e miradoiros do monte así como coñecer os diferentes proxectos de recuperación en marcha.
22 Xaneiro, Roga dupla: deseucaliptizamos en Ferrol e plantamos castiñeiros en Vilaboa

No sábado 22 de xaneiro as Brigadas deseucaliptizadoras estréanse en dous novos montes: en Ferrol, convocadas polas asociacións de veciñ@s de Brión, San Felipe – San Cristobal e A Graña, no chamado “Monte do Estado”, e en Vilaboa (Morrazo) nunha parcela da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa.
Deseucaliptización en Ferrol
O Monte do Estado alberga, rodeada de eucaliptos, unha das mellores fragas autóctonas do Concello de Ferrol, sendo frecuentada nos seus paseos pola veciñanza da contorna. Ante o perigo que supón para a súa continuidade e a rexeneración natural da fraga a cantidade de rebrotes de eucalipto e novos eucaliptos de semente, as asociacións convocantes solicitaron permiso de actuación aos titulares do monte, actualmente o Estado.
O punto de encontro será diante da AAVV Castelao de Brión ás 9:00 h da mañá
Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista mandar confirmación (wasapp ou chamada) ao teléfono 650 07 46 88 antes do 20 de xaneiro para coordinar á xente participante.
As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e luvas de traballo. A ferramenta a usar será o machado, agradécese a quen poida que traia o propio aínda que a organización disporá dalgúns para quen non teña.
A area de traballo ten bastante pendente polo que formaremos dous grupos, de modo que as persoas con menor capacidade física ou menos costume de traballo no monte poidan traballar na área menos pendente.
Despois da actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo (Caldo, empada, tortilla) para iso e por motivos covid cada persoa terá que traer o seu propio vaso, prato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.
Plantación en Vilaboa
A xornada consistirá na reposición de castiñeiros e na eliminación de abrochos de eucalipto nunha parcela de case 1 hectárea onde xa están plantados castiñeiros de variedades tradicionais para a produción de fruto e xa se realizaron previamente traballos voluntarios de limpeza.
O punto de encontro é na Mámoa do Rei (ver no Google Maps), no Lago de Castiñeiras, ás 10h da mañá e terminaremos por volta das 14h, cun xantar comunal.
Pola tarde remataremos a xornada cunha visita guiada polo Roteiro das Mámoas da man do arqueólogo Benito Vilas.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a montesvilaboa@gmail.com ata COMO MOI TARDE o día 18 de xaneiro. Lembrade que as prazas son limitadas. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avísanos en caso de restricións alimentarias.
Recibe as túas “sabias”
Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.
A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.
Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.
VÉMONOS NO MONTE!
22 xaneiro: Plantamos castiñeiros e machacamos eucalipto en Vilaboa

No sábado 22 de xaneiro as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez en Vilaboa (Morrazo) nunha parcela da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa.
A xornada consistirá na reposición de castiñeiros e na eliminación de abrochos de eucalipto nunha parcela de case 1 hectárea onde xa están plantados castiñeiros de variedades tradicionais para a produción de fruto e xa se realizaron previamente traballos voluntarios de limpeza.
O punto de encontro é na Mámoa do Rei (ver no Google Maps), no Lago de Castiñeiras, ás 10h da mañá e terminaremos por volta das 14h, cun xantar comunal.
Pola tarde remataremos a xornada cunha visita guiada polo Roteiro das Mámoas da man do arqueólogo Benito Vilas.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a montesvilaboa@gmail.com ata COMO MOI TARDE o día 18 de xaneiro. Lembrade que as prazas son limitadas. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avísanos en caso de restricións alimentarias.
Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes
Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.
A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.
Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.
VÉMONOS NO MONTE!
En defensa de Froxán: alegacións eólicas ata o 7 de xaneiro

Boa parte das persoas que participates nas Brigadas Deseucaliptizadoras contribuístes ao enorme esforzo de conservación e restauración ambiental da Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame, recoñecida como Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA) de Froxán incluída na Base de Datos Mundial de Área Protexidas do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.
En Froxán hai desde o ano 2000 tres aeroxeradores do Parque Eólico do Treito (de 55 metros de altura e 0,6 MW de potencia), instalados como tantos outros, nun proceso asimétrico. Agora, e ata o 7 de xaneiro, encóntrase en trámite de información pública un novo proxecto eólico, promovido por Villar Mir, para instalar 5 mega-aeroxeradores de 4,6 MW que se elevarán ata os 178 metros de altura e que implicarán a apertura de pistas pola Área Conservada de Froxán.
O parque está sendo tramitado ilegalmente, pois non conta con permiso de acceso á rede, e supón importantes afectacións ás traídas de auga veciñais e á biodiversidade. Por iso, desde a Comunidade de Froxán piden ás brigadistas con vínculo a esta Área, que presenten ata o 7 de xaneiro alegacións a título individual contra este proxecto eólico:
- Alegacións_PE_Vilacoba en Word (para incluir datos persoais na primeira páxina)
- Alegacións_PE_Vilacoba en PDF (para imprimir e incluir datos persoais á man)
Aquelas persoas con certificado dixital poden presentar directamente as alegación mediante a Sede Electrónica da Xunta, utilizando o modelo de Solicitude Xenérica (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica). En “Asunto” colocar o que aparece nas alegacións; en “Expón” colocar os tres puntos da primeira páxina entre “Expón” e “Alegacións”; e en “Solicita” os 3 parágrafos numerados que aparecen na última páxina das alegacións. Anexar o documento de alegacións en PDF cubrindo os vosos datos persoais na primeira páxina. Abaixo de todo, en “Destinatario”, escoller “Vicepresidencia 2ª” e “Xefatura Territorial … da Coruña”.
As alegacións tamén se poden imprimir e presentar en papel en calquera rexistro da administración (incluíndo concellos), cubrindo os datos da primeira páxina e asinando a última.
Agradécese o voso apoio e solidariedade nesta hora!
Vémonos no monte!
Comezamos 2022 deseucaliptizando o Xurés

As Brigadas Deseucaliptizadoras, convocadas pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo, comezaremos as actividades de 2022 abrindo un novo frente en Lobios, no Xurés. Será o sábado 15 de xaneiro.
Actuaremos sobre dúas parcelas próximas de 2 e 3 hectares respectivamente, retirando eucaliptos de rebrote e descascando tocóns, para posteriormente reforestar con frondosas nativas.
Quedamos ás 10 no aparcameto do balneario de Lobios, en Riocaldo https://g.page/lobios-caldaria-hotel-balneario?share (ver no Google Maps como chegar), onde nos repartiremos para chegar aos lugares de actuación. A roga rematará por volta das 14:30 para repoñermos forzas no albaroque.
Despois do albaroque remataremos a tarde cunha visita aos xacementos romanos Aquis Ogeresibus e Mutatio das Mouruás, guiadas polo arqueólogo director das excavacións, David Pérez.
Para participar é imprescindíbel,alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a laura.varelarz@gmail.com até o 12 de xaneiro a máis tardar. E avisádenos á hora de vos apuntar en caso de restriccións alimentarias!
Tamén se está vendo a posibilidade de alugar un aloxamento compartido para as brigadistas que queiran vir o día antes (venres) e quedar ata o domingo, para aproveitar para coñecer mellor a zona. Nese caso, avisa ata o día 22 de decembro para indicar a túa vontade de vir e así organizar as reservas.
Froxán: roga “Silvestre 2021” o 19-D

O DOMINGO 19 de DECEMBRO as Brigadas voltamos á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de tumbar eucaliptos e plantar árbores nativas. Contamos con ter tempo bo e solleiro con benzón da superioridade 😉
A roga comezará ás 10:00 da mañá e teremos como punto de encontro e inicio dos traballos o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”, ver no Google Maps como chegar).
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 16 de decembro.
As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.
Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes
Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.
A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.
Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.
VÉMONOS NO MONTE!
Novembro brigadista en Lentille e Froxán

En novembro, brigada dobre: o sábado día 20 en Lentille (O Ribeiro) e o domingo día 28 en Froxán (Lousame). Ambas imperdíbeis! Vémonos no monte!
LENTILLE, 20N
A Asociación Veciñal de Lentille ven de convocar de novo as Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo contínuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con frondosas e froiteiras autóctonas.
A convocatoria é para o sábado 20 de novembro. O punto de encontró será o estacionamento do Souto ás 9:30 e desde alí camiñaremos (5 minutos) até os puntos de intervención.
Para vos apuntar, é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 17 de novembro a máis tardar. Coma sempre, o alboroque terá lugar por volta das 14:30 no Cabildo.
FROXÁN, 28N
En novembro as Brigadas tamén voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame. Desta volta continuaremos eliminando eucaliptos do monte veciñal mentres que reforzaremos a rexeneración natural do bosque nativo plantando árbores autóctonas.
A convocatoria é para o domingo 28 de novembro debendo acudir as brigadistas para as 9:30. Na parte da tarde, logo do albaroque, teremos un faladoiro sobre montes veciñais e autonomía indíxena organizado pola Sociedade Coluna Sanfins e a Fundação Montescola.
Para vos apuntar, é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org até o 24 de novembro a máis tardar.
ÚLTIMAS CAMISOLAS
Teremos aínda á disposición das Brigadistas debutantes camisolas en algodón ecolóxico e chapas que son privilexio exclusivo de Brigadistas activas. Se aínda non tendes a vosa e ides estar en Lentille no 9-N lembrade indicarnos a vosa talla no momento de vos apuntardes (M – L – XL – XXL) pois só poderemos levar o número xusto de camisolas de cada talla (xa non quedan S, desculpade). Lembramos que as camisolas son totalmente gratuitas para as brigadistas activas aínda que serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente decucíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.
MOEDA SOCIAL “A SABIA”
Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.
A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.
Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.
VÉMONOS NO MONTE!
9-0 Desacaciación en Lentille (Ribeiro)

Quedaran atrás os rigores do verao no Ribeiro e, coa vendima rematada e o viño na bodega, da Asociación Veciñal de Lentille veñen convocar máis outra vez ás Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzóocontínuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con frondosas autóctonas. A convocatoria é para o sábado 9 de outubro.
O punto de encontró será o estacionamento do Souto ás 9:30 e desde alí camiñaremos (5 minutos) até os puntos de intervención.
Para vos apuntar, é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 4 de outubro a máis tardar. Disporemos de froita variada e bidóns de auga fresca nas zonas de traballo. O alboroque terá lugar por volta das 14:30 no Souto se o clima o permite e no garaxe do Cabildo se o día non quere.
Froxán: deseucaliptiza conosco o 21 de agosto

O SÁBADO 21 de AGOSTO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para avanzar nunha nova frente tombando e descascando eucaliptos ao pé do regueiro da Costa. No final faremos foto de familia e pedímosvos que, se as tedes, traiades as vosas camisolas brigadistas. Se aínda non tes a túa, avisade da talla con antelación (xa non quedan “S”).
Na roga traballaremos nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Avisaremos sobre os detalles loxísticos e punto de encontro uns días antes.
Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 18 de agosto. As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avísanos en caso de restricións alimentarias.
Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes
Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.
A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.
Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.
VÉMONOS NO MONTE!
Froxán e Lourizán: dúas caras da mesma loita no 3 e 4 de xullo

Roga en Froxán o 3 de xullo
O SÁBADO 3 de XULLO as Brigadas retoman os traballos de consolidación do bosque nativo na contorna da Casa da Susana, onde crianzas e familias plantaran en 2017 centos de árbores, na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame).
A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o xoves 1 de xullo.
As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadistas, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.
Marcha contra celulosas: domingo 4 de xullo
As Brigadas deseucaliptizadóras súmanse á APDR retomando a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca.
Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das alamedas de Marín e Pontevedra na mañá do DOMINGO 4 DE XULLO para confluír diante das instalacións da ilegal empresa pasteira e esixir o cumprimento da lei e o peche definitivo e inmediato da súa actividade en Lourizán.
VÉMONOS NO MONTE! VÉMONOS NA RÚA!