12 meses, 12 saberes: 27 de abril en Zamáns

12 meses, 12 saberes: 27 de abril en Zamáns

12 Meses, 12 Saberes: Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio

Verdegaia continúa en abril coa campaña ‘12 Meses, 12 Saberes’ que decorrerá ao longo deste 2024 co obxectivo de dar a coñecer aspectos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego. Coa celebración dunha andaina cada mes descubriremos, e aprenderemos, curiosidades nos máis variados campos que fan da nosa terra un lugar único.

Este mes dedicámolo á identificación de herbas e usos. Aprenderemos a identificar elementos diferenciadores dalgunhas das plantas máis comúns dos prados galegos e descubriremos os usos tradicionais que se facían desas plantas aproveitando a composición propia de cada unha delas.

O roteiro será en Zamáns, unha parroquia do rural vigués onde os prados que rodean as instalacións da Universidade de Vigo presentan unha grande diversidade de plantas.

Os participantes recibirán ao inicio da actividade un folleto con fotografías e características de algunhas das plantas que iremos observar ao longo do paseo. Ao rematar, dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.

Data: sábado 27 de Abril, de 11:00 a 13:30h.

Punto de encontro: Faculdade de Bioloxía (Vigo) – 42°10’02.0″N 8°41’09.8″W

Inscrición: gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos

O prazo de inscrición remata o mércores 24 de Abril

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Brigadas Deseucaliptizadoras

Únete!

Verdegaia conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente

Síguenos nas redes sociais

Educación Ambiental

Traballamos en rede

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas Facebook

Entradas Twitter