As brigadas

 

As Brigadas deseucaliptizadoras teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordenar persoas de todo o País con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico, as accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, servindo como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.

As Brigadas organízanse de xeito comarcal ou local, sumando grupos de persoas voluntarias baixo unha estratexia, metodoloxía e coordenación común, que actúan sobre territorios que cumpran funcións protectoras frente aos incendios forestais, sosteñan hábitats de interese, especies vulnerábeis ou ameazadas ou elementos de patrimonio cultural e cuxos titulares asuman un compromiso de deseucaliptización e conservación dos habitats autóctonos a longo prazo. As intervencións, xeralmente, implican traballos de erradicación de eucalipto e outras especies invasoras pirófitas e a súa substitución por especies frondosas autóctonas que faciliten la prevención de incendios e a restauración de hábitats.

As zonas de intervención son rexistradas no visor xeográfico que encontrarás más abaixo e que permite o seu seguemento público e cuantificación a longo prazo do impacto do proxecto. Este visor permite ademais que os titulares de terreos rexistren as parcelas para intervencións e que as potenciais voluntarias e colaboradoras visualicen os traballos que se están a facer na súa contorna. De xeito previo a cada intervención, as titulares dos terreos forestais deben chegar a un acordo con Verdegaia ou con outras entidades participantes que garanta que os traballos a desenvolver teñan continuidade no tempo e que as árbores autóctonas plantadas se manteñan durante o periodo mínimo estabelecido.

Premios

     

As Brigadas nos Medios

2024

2023

2022

2021

2020

2019

2018

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress