Como participar

As Brigadas deseucaliptizadoras lanzáronse na primavera de 2018, após a tráxica vaga de lumes que afectou o País en 2017. O despregamento das brigadas polo territorio é gradual, existindo actualmente brigadas estabelecidas ou en proceso de estabelecemento en varias comarcas. Tanto se queres participar como voluntaria e saber cal é a brigada máis próxima de ti, como se és titular de terreos forestais e queres saber se este proxecto é para ti, abonda con utilizar os formularios que encontrarás máis abaixo (formulario de incorporación de parcelas para titulares de terreos e formulario de inscrición de brigadistas para persoas voluntarias) ou enviar un email a brigadas@verdegaia.org. Desde Verdegaia e os colectivos implicados locais avaliaranse as solicitudes de inscrición de parcelas no proxecto, dando prioridade ás enclavadas en zonas de especial risco de incendios forestais, ás que alberguen habitats naturais ou comunidades de especies vulnerábeis ou ameazadas e ás que, polas súas características se adecúen mellor ás funcións protectoras como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.

Formulario de inscrición como brigadista

Formulario de incorporación de parcelas

© 2018: Brigadas deseucaliptizadoras