Adíanse atividades do 21 e 22 de marzo en Lentille

Anuncio da Asociación Venciñal de Lentille sobre a roga das Brigadas deseucaliptizadoras prevista para Lentille o próximo sábado 21 de marzo:

Desde a Asociación Veciñal de Lentille queremos comunicar que as actividades previstas para os días 21 e 22 de marzo no marco das Xornadas de Voluntariado Ambiental de Lentille, incluída a roga das Brigadas Desacaciadoras de Verdegaia, fican adiadas sine die.

Non é a nosa intención contribuir á histeria colectiva, reacción esaxerada na nosa opinión, mas tampouco podemos ignorar que as medidas de contención e restricción dos desplazamentos que se prevén nas próximas semanas van ter un impacto sobre a nosa convocatoria. E sendo de interese que as atividades programadas sexan de proveito para a maior cantidade de persoas posible, estaremos atentos á evolución dos acontecementos e procuraremos unha nova data o antes posible.

Lamentamos as molestias e vémonos no monte o antes posible!

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress