Apoia as Brigadas en Portugal votando polo proxecto “Souto do Futuro”

En 2022 e 2023 as Brigadas deseucaliptizadoras chegaron a Portugal da man da associação Veredas da Estrela. Desde aquela, Veredas leva traballando arreo no seu “Souto do Futuro”, que ven de ser pre-seleccionado como finalista para recibir financiamento da asociación conservacionista EOCA. O proxecto con máis votos de cada categoría recibirá apoio económico para desenvolver o proxecto. Votar levarache menos de 4 minutos!  (O prazo acaba o xoves 9 de maio ás 13:00.)

Co proxeto “A chestnut forest for the future” a Associação Veredas da Estrela vai recuperar un bosque de castiñeiros no Parque Natural da Serra da Estrela afectado por dous incendios consecutivos, restaurar a sua capacidade para atuar como corta-fogo verde, estabilizar os ciclos da água e do solo e fornecer alimentos para a vida salvaxe e para as comunidades. O proxecto irá plantar 6500 árbores, combater a acacia e apoiar o rexenerado natural de millares de árbores presentes. Todo iso mediante o voluntariado das Brigadas e da implicación da comunidade.

Votar é moi simple:

1. Crea unha conta na web da EOCA: https://www.eocaconservation.org/my-account/

2. Completa o código de confirmación que che chegará ao teu email.

3. Ir á categoria “forest“, escoller o proxeto “A chestnut forest for the future” e clicar en “vote now“: https://www.eocaconservation.org/our-projects/project-voting/forest/

Axúdanos votando en-liña e pedindo ás túas coñecidas para votaren!

VEMO-NOS NO MONTE !!!

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress