Froxán e Lourizán: dúas caras da mesma loita no 3 e 4 de xullo

Roga en Froxán o 3 de xullo

SÁBADO 3 de XULLO as Brigadas retoman os traballos de consolidación do bosque nativo na contorna da Casa da Susana, onde crianzas e familias plantaran en 2017 centos de árbores, na  Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame).

A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o xoves 1 de xullo.

As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadistas, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Marcha contra celulosas: domingo 4 de xullo

As Brigadas deseucaliptizadóras súmanse á APDR retomando a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca.

Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das alamedas de Marín e Pontevedra na mañá do DOMINGO 4 DE XULLO para confluír diante das instalacións da ilegal empresa pasteira e esixir o cumprimento da lei e o peche definitivo e inmediato da súa actividade en Lourizán.

VÉMONOS NO MONTE! VÉMONOS NA RÚA!

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress