9-0 Desacaciación en Lentille (Ribeiro)

Quedaran atrás os rigores do verao no Ribeiro e, coa vendima rematada e o viño na bodega, da Asociación Veciñal de Lentille veñen convocar máis outra vez ás Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzóocontínuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con frondosas autóctonas. A convocatoria é para o sábado 9 de outubro.

O punto de encontró será o estacionamento do Souto ás 9:30 e desde alí camiñaremos (5 minutos) até os puntos de intervención.

Para vos apuntar, é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 4 de outubro a máis tardar. Disporemos de froita variada e bidóns de auga fresca nas zonas de traballo. O alboroque terá lugar por volta das 14:30 no Souto se o clima o permite e no garaxe do Cabildo se o día non quere.

Comments are Closed

© 2024: Brigadas deseucaliptizadoras | GREEN EYE Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress