Convocatorias
now browsing by category
30 de abril-4 de maio: Brigada expedicionária à Serra da Estrela (Portugal)

QUATRO DIAS DE DESACACIAÇÃO, ATIVIDADES CULTURAIS, FORMATIVAS E DE CONVÍVIO NO PARQUE NATURAL DA SERRA DA ESTRELA
As Brigadas deseucaliptizadoras voltam à Serra da Estrela com o projeto transfronteiriço Eramus+ “De monte a monte: territórios resilientes” promovendo os intercâmbios de trabalho, formação, cultura e convívio entre iniciativas de combate às espécies exóticas invasoras e à construção de territórios resilientes na Galiza e Portugal, na que participamos Verdegaia e Montescola junto com a entidade parceira Veredas da Estrela.
Entre os dias 30 de abril e 4 de maio organiza-se uma nova brigada expedicionária à Serra da Estrela na que 20 brigadistas da Galiza se juntarão com outras tantas voluntárias locais para vários dias de trabalho na freguesia de Figueiró da Serra, concelho de Gouveia, dentro do Parque Natural da Serra da Estrela.
Os trabalhos e atividades realizaram-se durante toda a fim-de-semana desde o acampamento do Curral do Negro, sendo necessário trazer tenda própria e participar durante os três dias.
PROGRAMA PROVISÓRIO
30 de abril:
– Curral do Negro (Gouveia): Jantar para quem chegar já nesse dia
1 de Maio:
– 11h: Bioblitz Inventário Florestal (Figueiró da Serra)
– 15h: Workshop prático de controle de mimosas (Figueiró da Serra)
2 de Maio:
– 10h: Intervenção no Curral do Negro (Gouveia)
– 15h: Saída de campo (Serra da Estrela)
3 de Maio:
– 9h: Jornada no Soito – Prevenção de incêndios e restauro ecológico
– 15h: Oficinas em paralelo: Oficina de construção de caixas de ninho / Oficina Trabalho Florestal Seguro
4 de Maio (domingo)
– 10h30: Assembleia – Ação comunitária para prevenção de incêndios (Figueiró da Serra)
– Almoço em Figueiró da Serra
Para participar é imprescindível, além de estardes inscritas como Brigadistas, enviar um correio-e a info@montescola.org ata COMO MUITO TARDE a sexta-feira 11 de abril. As vagas são limitadas a 20 participantes do lado galego. Criará-se uma lista de espera no caso de haver mais inscrições do que vagas. Será necessário realizar um depósito para segurar a vaga.
VEMO-NOS NO MONTE!
12 de abril: descaciamos no Araño (Rianxo) e festa da salchicha

6 de abril: A desacaciación continúa na Pedra da Ra, Carreira (Ribeira)

A convocatoria forma parte do proxecto CAPRIF_CC
Logo da exitosa intervención de febreiro, a desacaciación continúa o domingo 6 de abril no Monte Veciñal en Man Común de Carreira (Ribeira), ao pé do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, onde eliminaremos eucalipto e acacia aplicando a técnica de descasque. Traballaremos nunha mancha situada ao pé do monumental miradoiro da Pedra da Ra.
A xornada irá de 10:00 a 14:00, seguida do tradicional xantar de albaroque, na Casa Forestal de Carreira. Logo da sobremesa, realizaremos unha visita ao Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal para coñecer mellor a biodiversidade que atesoura. O prazo para se apuntar é o xoves 3 de abril.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida. A actividade realízase da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático.
VÉMONOS NO MONTE !!!
29 de marzo: Continuamos desacaciando o Santiaguiño do Monte (Padrón)

A actividade forma parte do proxecto CAPRIF_CC
As Brigadas volta a acabar o que comezaron no Santiaguiño do Monte, un lugar máxico ao pé de Padrón, onde eliminaremos o resto da acacia que están rodeando este antigo santuario precristián formado sobre un conxunto de rochas graníticas e cuxa rica historia podedes coñecer aquí.
Esta xornada, que terá lugar o sábado 29 de marzo comezando ás 10:00, organízase en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en man Común de Estramundi (Padrón), da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. Desta volta o día limite para se apuntar é o xoves día 27. Ao acabar celebraremos o tradicional xantar de albaroque.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 27). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
15 de marzo: Poda de frondosas e control de invasoras en Taragoña (Rianxo)

Como cabras! Poda de frondosas e control de especies invasoras no Fieitoso (Taragoña)
Na parte da tarde, organízase unha visita para coñecer o proxecto de gandeiría rexenerativa con cabras da CMVMC do Fieitoso de Tarogaña
As Brigadas voltan ao Monte Veciñan en Man Común do Fieitoso, en Taragoña (Rianxo), da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O sábado 15 de marzo traballaremos nunha parcela do monte na que a comunidade está rexenerando unha masa de frondosas autóctonas. As participantes aprenderán a realizar podas de formación e, en simultáneo, eliminaranse exemplares de acacia negra presentes na zona. O prazo para se apuntar é o xoves 13 de marzo.
Na parte da tarde, logo do xantar de albaroque, a Comunidade anfitrioa presentará o seu proxecto de gandaría rexenerativa con cabra para o control de especies invasoras, prevención de incendios e implicación da comunidade educativa no coidado do monte. A visita está encadrada no proxecto Erasmus+ transfronteirizo De monte a monte, na que colabroamos Verdegaia, Montescola e Veredas da Estrela.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
Marzo comeza desacaciando Vilacova
As Brigadas voltan a á carga o sábado 1 de marzo na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de acacia negra nunha zona que ardeu nos últimos anos. De tarde, descubriremos a avifauna do lugar utilizando unha aplicación de ciencia cidadá. O punto e hora de encontro será ás 09:30 da mañá na antiga escola unitaria de Vilacova. Desde alí seguiremos até a zona de intervención. É importante estardes puntualmente á hora marcada, pois do contrario será difícil orientarvos para chegar ao punto de traballos. Precisaranse navallas, coitelos e machadas. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a brigadasvilacoba@gmail.com até COMO MOI TARDE o xoves día 27 de maio ao mediodía. Lembrade que desde a conta de correo desde a que se envían as convocatorias non se xestionarán incricións. Na parte da tarde faremos unha xornada de ciencia cidadá centrada na identificación da avifauna do lugar, encadrada no proxecto Erasmus+ “De monte a monte” no que colaboramos Montescola, Veredas da Estrela e Verdegaia. As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avisa tamén en caso de restricións alimentarias.
VÉMONOS NO MONTE!
16 de febreiro: Voluntariado en familia para plantar frondosas en Froxán (Lousame)

Actividades guiada polas bruxas e trasnas do monte Xiroña con grande chocolatada final
O domingo 16 de febreiro a Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente, acollerá unha xornada de voluntariado en familia organizada pola Fundación Montescola, coa colaboración das Brigadas Deseucaliptizadoras, aberta a todas as idades máis con actividades pensadas especialmente para as máis cativas, da man das trasnas e bruxa do Monte Xiroña, e que finalizarán cun toque de maxía.
As crianzas e familia terán a oportunidade de plantaren unha árbore frondosa nativa (ou varias!) nas zonas onde a Comunidade ven eliminando especies exóticas invasoras. As actividades comezarán (con puntualidade absoluta) ás 10:00 e finalizarán ás 13:00 logo dunha chocolatada, que corre por conta das trasnas e bruxas no marco do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org ata o xoves 13, indicando cantas adultas e cantas crianzas virán. Isto é especialmente importante para garantir que teñamos árbores (e chocolate!) para todas as crianzas. Avisade se calquera crianza ten restriccións alimentarias.
VÉMONOS NO MONTE !!!
8 de febreiro: as Brigadas voltan ao Barbanza con intervencións en Baroña (Porto do Son)

Febreiro chega cargado de intervencións para recuperar os ecosistemas no Barbanza, da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O sábado 8 de febreiro, continuaremos os traballos no Monte Veciñal en Man Común de Baroña (Porto do Son), desta vez plantando árbores frondosas que continúen consolidando os cortalumes verdes da Comunidade. A xornada, tamén de 10:00 a 14:00, rematará cun albaroque con produtos locais. O prazo para se apuntar é o xoves 6 de febreiro.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
2 de febreiro: as Brigadas voltan ao Barbanza con intervencións en Carreira (Ribeira)

Febreiro chega cargado de intervencións para recuperar os ecosistemas no Barbanza, da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O domingo 2 estreámonos no Monte Veciñal en Man Común de Carreira (Ribeira), ao pé do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, onde eliminaremos eucalipto e acacia aplicando a técnica de descasque. A xornada irá de 10:00 a 14:00, seguida do tradicional xantar de albaroque. O prazo para se apuntar é o xoves 30 de xaneiro.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
11 de xaneiro: comeza o ano desacaciando Santiaguiño do Monte, Padrón

A actividade forma parte do proxecto CAPRIF_CC
Para comezar 2025 nada mellor que botarse ao Santiaguiño do Monte, un lugar máxico ao pé de Padrón, no que eliminaremos as matas de acacia que están rodeando este antigo santuario precristián formado sobre un conxunto de rochas graníticas e cuxa rica historia podedes coñecer aquí.
Esta xornada, que terá lugar o sábado 11 de xaneiro comezando ás 10:00, organízase en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en man Común de Estramundi (Padrón), da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. Desta volta o día limite para se apuntar é o xoves 9. Ao acabar celebraremos o tradicional xantar de albaroque.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 9). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!